Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Praza da Estación

Imagen
Evidentemente así denominada, foi construída coa mesma estación de tren na década dos anos 50 do século XX e nela atópase, tanto a Estación como os edificios fronte a ela que tiñan a función de albergar aos traballadores do ferrocarril e as súas familias. Estes edificios para a súa época contaban con tódolos servizos: electricidade, auga corrente, dous cuartos de baño, cociña de carbón, e habitacións suficientes para as familias numerosas da época, ademais de faiado, adega e lavadoiro. Remodelada entre o ano 2020 e 2021 pasou a albergar tamén a estación de autobuses tras a construción dun edificio anexo á estación de tren; e baixo o seu chan, realizouse un aparcamento subterráneo.

Paseo do Tinteiro

Imagen
Camiño preto do río que vai desde a rúa Feira Nova hasta o manancial do “Tinteiro Pequeno” que era onde estaba o “Balneario de As Caldas” do que agora só quedan ruínas.