Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

Rúa D

Imagen
Rúa que rodea os edificios que dan acubillo á Praza 200. Ten unha baixada que leva ao Paseo do Miño, a un parque infantil e máis a unha cancha.

Rúa D. Xesús Pousa Rodríguez

Imagen
Chamada así na honra do que foi párroco de Santiago das Caldas durante moitos anos: Don Jesús Pousa Rodríguez (Don Jesús).  É unha rúa que se rematou de abrir nos anos 90 do século XX ten desde o 27 de xullo de 1.976 na súa cabeceira a locomotora 240-2072, símbolo da importancia que o ferrocarril ten para o barrio. O colexio infantil “A Ponte” e as posteriores construcións dotan de vida á esta rúa. Para ampliar datos sobre Jesús Pousa Rodríguez, pódese consultar a páxina santiagocaldas.org/historia/donjesus.gl.htm

Rúa Beato Sebastían Aparicio

Imagen
Unha das rúas que vai desde Eulogio Gómez Franqueira a San Rosendo. É chamada así por Beato Sebastián de Aparicio de Prado, arrieiro e relixioso franciscano orixinario de A Gudiña. Para saber algo máis sobre Sebastián de Aparicio, pódese consultar a páxina:  https://dbe.rah.es/biografias/7811/beato-sebastian-aparicio-de-prado

Rúa Basilio Álvarez

Imagen
Chamada así por Basilio Álvarez Rodríguez, sacerdote, periodista e deputado ourensán. Cando a estación de ferrocarril estaba na actual rúa Vicente Risco, pasaba por esta rúa a vía do tren, polo menos por parte dela. Así se pode ver na rúa que ten ao seu lado chamada “Rúa das travesas”. Aínda que hai construcións anteriores, empezouse a urbanizar como se coñece na actualidade ao redor dos anos 90 do século XX. Nela había un ferreiro que aínda exercía entrados os anos 2000. No edificio da esquina desta rúa coa Avenida das Caldas había unha academia que entre outras daba clase de mecanografía. Para ampliar datos sobre Basilio Álvarez Rodríguez, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/9618/basilio-alvarez-rodriguez

Rúa Ático Noguerol Iglesias

Imagen
Bautizada co nome de Ático Noguerol Iglesias, funcionario do Concello de Ourense e historiador da cidade. Esta rúa era a parte máis baixa da rúa Alejandro Pedrosa, pero coa construción da Estación de Tren e a colocación das vías, viuse cortada pasando a ter a actual denominación. Antes de que arranxaran a rúa e construíran os actuais edificios había un bar rexentado por Manola e o seu home que vivían no piso superior dunha casa de pedra de baixo e unha altura. “O bar da Manola” daba vida a esta pequena rúa. Unha vez levantados os edificios novos nesta rúa houbo unha fábrica de camisas e a tenda de roupa da Istoria e disfraces de América Soto.