Avenida das Caldas
É a rúa principal da Ponte, nela desemboca a Ponte Romana e no seu nome pódese ver que está o nome dunha riqueza natural: as caldas, a auga quente. Nesta avenida había negocios que xa desapareceron pero que tiveron moita importancia: -Panadaría Panybol que agora é Sabucedo. -Xoiería e óptica Amorós Argiz, hoxe administración de lotaría ao levantar un novo edificio. -Libraría Trebolle que estaba aproximadamente fronte a Igrexa de Santiago das Caldas. -Zapatillería Mafer. Este edificio está pendente de que o derruben. Á cabeza desta zapatería estivo Marujita que calzou a toda a rapazada da época que subíase a unha cadeira, que parecía altísima, para probar aqueles números. -Nos mesmos edificios a espera de ser derrubados, hai un escaparate con forma circular e aí houbo unha adega que posteriormente foi o local do Banco Central. -A actual saída da Rúa do Rincón non existía e nese lugar había un edificio dunha altura cunha drogaría. -Fotografía Salas hoxe tenda de telefonía. Ros...