Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

Rúa Verea Vella

Imagen
Parte da rúa Ribeiriño e da acceso ao grupo de vivendas Santiago Apostol.

Rúa San Rosendo

Imagen
Esta rúa, paralela a rúa Eulogio Gómez Franqueira, tivo o seu maior crecemento nos anos 90 do século XX. Alberga moitas vivendas e vida comercial. O chamado “Parque dos Pulmóns” é un punto de encontro e de xogo para a cativada da zona e para as persoas de tódalas idades que queiran achegarse. San Rosendo, procedente de Celanova, viviu durante o século X e foi bispo e gobernador de Galicia, facendo fronte a diferentes invasións do territorio. Máis datos: https://dbe.rah.es/biografias/5224/san-rosendo-de-celanova

Rúa San Pedro Mezonzo

Imagen
É outra das rúas que vai desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira hasta a rúa San Rosendo. San Pedro Mezonzo foi un bispo galego que viviu no século X, que participou na restauración de poboacións e templos tras as diferentes invasións que tiveron lugar en Galicia. Para saber algo máis: https://dbe.rah.es/biografias/25014/san-pedro-de-mezonzo

Rúa San Paio

Imagen
É unha rúa que vai desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira hasta un enlace coa N-120. Nela pódense atopar diferentes negocios que van desde a reparación de vehículos á lavandería. O nome pode facer referencia a San Paio, mártir nado en Albeos (Crecente). Para saber algo máis, pódese consultar o enlace: https://dbe.rah.es/biografias/42366/san-pelayo