Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

Rúa Francisca Herrera Garrido

Imagen
Vai desde a rúa Vicente Risco hasta a Avenida de Santiago, pasa por diante das escaleiras principais do Parque da Ponte e por un lateral do IES 12 de Outubro. Alí hai unha parada de autobús que tamén funciona a modo de "intercambiador" xa que aí sepárase a ruta en dous, por un lado os autobuses que soben pola Avenida de Santiago e os que seguen ruta cara a Estación de Ferrocarril, rúa Eulogio Gómez Franqueira e Estrada de Vigo. O seu nome é o da primeira muller escollida  membro numerario da Real Academia Galega. Para ampliar datos sobre Francisca Herrera Garrido, pódese consultar a páxina academia.gal/-/unha-carta-de-francisca-herrera-garrido

Rúa Eulogio Gómez Franqueira

Imagen
Co nome deste importante empresario ourensán que desenvolveu o que hoxe é COREN,  queda bautizada esta rúa que empeza na Praza da Estación e finaliza na estrada nacional 120. Nela está o Centro de Saúde, o Centro Cívico e a Unidade de Traballo Social do concello. No seu día había garaxes de reparación de coches, dado que era a entrada e saída da cidade, hoxe se poden atopar alí diferentes cafeterías. Na esquina onde agora está a tenda de Coren, estaba unha cafetería e restaurante chamado “A Guardesa”. Pepe “da Guardesa” foi quen a sacou adiante durante moitos anos, tras a súa morte deixou de ser o local que fora. Non está claro o nome de “A Guardesa”, podería ser porque a muller que a puxo en marcha era do concello de A Guarda en Pontevedra ou porque era guardesa dunha propiedade. Para ampliar datos sobre Eulogio Gómez Franqueira, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/25982/eulogio-gomez-franqueira

Rúa do Tinteiro

Imagen
Esta rúa que leva ao manancial do Tinteiro, tamén pasa por diante do Cemiterio de A Ponte. Nun dos seus extremos está a N-120, e un acceso ao Paseo do Miño e noutro o Campo da Feira.

Rúa do Rincón / Travesía do Rincón / José Antonio Moretón

Imagen
Non é posible desligar a historia destas rúas que van desde a Avenida das Caldas á rúa Ribeiriño. O nome de José Antonio Moretón Alonso púxoselle precisamente como recoñecemento polo desenvolvemento da mesma por parte deste empresario e concelleiro ourensán. A Rúa do Rincón no tiña saída Á Avenida das Caldas, como actualmente; nese lugar había un edificio cunha drogaría. Nesta rúa estaba o Forno do Camilo, onde durmiron ao quente e comeron moitas persoas. Tamén había unha escola, á que acudiron moitos nenos e nenas hasta ben avanzados os anos 80 do século XX. Hoxe son unhas rúas con vivendas e pouca actividade comercial, pero esta actividade foi máis importante a mediados do século XX. Parte dos datos deste artigo forman parte da páxina canedo.eu

Rúa do Mercado

Imagen
Así chamada porque pasa por un lateral da Praza de Abastos, vai desde a rúa Vicente Risco hasta a Avenida das Caldas, sendo paralela nun dos seus tramos coa rúa Ramón y Cajal.  Nesta rúa segue a haber mercado, xa que nela está un supermercado e como non, a Praza de Abastos e dentro dela, desde o 24 de setembro de 2024 o Mercado Ponte Canedo, onde ademais de mercar diferentes produtos de alimentación, pódese comer no seu restaurante (os produtos dos postos) ou tomar algo na cafetaría.