Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Lugares con historia: Bombeiros

Imagen
O servizo de bombeiros de Ourense creouse a finais do século XIX e anteriormente o Parque de Bombeiros estaba no alto da Praza das Mercedes, e aínda hoxe hai persoas que din “na Praza onde antes estaban os bombeiros”.  Actualmente están ao lado do Campo da Feira, base da que saen a realizar as súas intervencións.

Lugares con historia: A Chavasqueira

Imagen
As termas de A Chavasqueira levan desde hai anos ao pé do río Miño, sábese que foron acondicionadas durante o pontificado de Cardenal Quevedo e por este motivo tamén coñécense como “Caldas do Obispo”. Máis tarde coa realización do Paseo do Miño, foron actualizadas e dotadas de duchas e vestiarios. As súas augas termais con temperaturas de preto de 40 grados son empregadas para diferentes coidados dermatolóxicos. Ao estar nas beiras do río permiten bañarse tanto na zona termal, como irse refrescar ao Miño. O espazo privado das termas de A Chavasqueira abriu no ano 2001 cunha estrutura de madeira con inspiración xaponesa. Preto da cidade, con cafetería e restaurante, foi un lugar de lecer moi agradable, pero no ano 2019 sufriu un incendio que as mantivo pechadas hasta hoxe. No ano 2024 iniciáronse as obras para un novo centro termal que xa se pode desfrutar no 2026. 

Lugares con historia: A Adega do Emilio

Imagen
A principios dos anos 2000, Emilio Paradela “Milucho”, abría na Avenida das Caldas o restaurante A Adega do Emilio. No local había unhas cortes que rehabilitaron para restaurante con diferentes ambientes: cafetería, un xardín interior e comedores. No ano 2014 pechou as súas portas tras o pasamento de Emilio.  A Adega do Emilio foi referencia de boa cociña e atención, sendo lugar destacado ao que acudían diferentes personalidades: actores, políticos e no ano 2006 o Príncipe de Asturias. Emilio ademais tamén puxo en marcha outros dous locais ambos nas esquinas da Ponte Romana. A Adega forma parte da historia recente do barrio da Ponte. (A foto que acompaña a este artigo foi extraída de La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/03/09/ponte-extrana-tres-locales-dueno-adega-do-emilio/0003_201403O9C1997.htm).

Psicoloxía

Imagen
Gabinete de psicoloxía Mª Teresa Valeiras González Avenida de Santiago, 19-21 / Teléfono: 988-10.50.05 Vínculo Rúa Ramón y Cajal, 6 / Teléfono: 699-80.15.28

Zapaterías

Imagen
Ana Domínguez Avenida das Caldas, 14 / Teléfono: 988-37.08.92 Calzados Esga Rúa Vicente Risco, 2 / Teléfono: 988-21.12.63 Lin Rúa Vicente Risco, 11 / Teléfono: 988-21.56.35