Rúa Araceli Ancochea Roldán
Esta rúa é así chamada en honra á pianista e profesora Araceli Ancochea Roldán, que impartiu docencia na Escola de Maxisterio de Ourense. Cruza desde a rúa San Paio á rúa José Luis López Cid e nela pódese atopar unha clínica veterinaria. Para ampliar datos sobre Araceli Ancochea Roldán, pódese consultar a páxina mulleresourensas.blospot.com/2009/04/araceli-ancochea-roldan.html?m=1