Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Avenida de Santiago

Imagen
Ao igual que outras rúas do barrio, a súa urbanización empezou a partir dos anos 50 do século XX. Como ven di o seu nome, é a ruta que sae da cidade camiño de Santiago de Compostela, é unha das rutas do Camiño da Prata. Nela había almacéns de alimentación, tendas de ultramarinos, segue a tenda do “butano” onde se ían e se seguen a ir a encargar as bombonas. Co paso dos anos empezaron a abrir os primeiros supermercados do barrio. O “Sofal” aberto nos anos 80 do século XX, ocupaba o sitio do actual “Eroski”. A chegada do ferrocarril dividiu esta rúa en dúas partes pasando a formar parte de dous barrios: A Ponte e o Vinteún.

Avenida de Marín

Imagen
Como o seu nome indica, esta rúa que se empezou a urbanizar nos anos 50 do século XX como rúa paralela ao camiño ferroviario, leva a zona da costa: Pontevedra e Marín. Os primeiros edificios son anteriores ao anos 60 do século XX, pero nesa época é cando se iniciou a urbanización.  Pese a iso unha gran tempada estivo sen urbanizar o tramo entre o actual número 19 e o número 33, alí era lugar de xogo para a rapazada da zona hasta mediados dos anos 80.  Tamén nesta avenida está a urbanización Castelao tamén chamada “casas dos maestros” xa que foi construída con tal fin: ser as vivendas dos mestres, xa que na Praza que hai na rúa Vicente Risco estaba a Escola de Maxisterio.  No medio da rúa hai unha ponte que pasa sobre as vías do ferrocarril e permite o paso entre o barrio de A Ponte e o de O Vinteún.  Preto da estación do tren unha leitería servía leite fresco hasta que na década dos anos 1980 pechou ao entrar en vigor unha nova normativa sobre o tratamento do leite p...