Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Lugares con historia: Cemiterio das Caldas

Imagen
Está na rúa do Tinteiro, e leva aí desde o ano 1881 (ou polo menos iso se deduce da data máis antiga das tumbas existentes), actualmente só se poden realizar alí enterramentos de persoas que xa teñan os nichos en propiedade. No ano 2000, houbo conflitos xudiciais para que seguise no seu lugar. Para saber máis, pódense consultar as páxinas: https://www.laregion.es/comarca-de-ourense/historia-4-tiempos-dia-como-hoy-sepulturero-cementerio-caldas_1_20231031-2412550.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/04/30/vecinos-ponte-reivindicaban-conservacion-cementerio-as-caldas/0003_202004O30C6991.htm

Lugares con historia: Casa parroquial de Santiago das Caldas

Imagen
Na Avenida das Caldas leva desde os anos 60 a Casa Parroquial, lugar de vivenda do párroco, e das oficinas da parroquia, que ademais tiña un bar na planta baixa e un salón de actos no que se proxectaban películas. Aos nenos e nenas dos anos 50 dábanlles un bolo de pan e unha onza de chocolate cando ían alí ao cine. Co paso do tempo foise remodelando, e xa hai anos que non hai sesión de cine para a cativada do barrio. Agora ten almacéns e salóns para actividades. Para saber máis, pódense consultar as páxinas: http://www.santiagocaldas.org/historia/index.gl.htm https://www.laregion.es/opinion/casa-parroquial-pontina_1_20191218-3202747.html

Lugares con historia: Casa consistorial

Imagen
Hay un proxecto de Daniel Vázquez-Gulías Martínez dun edificio para albergar a Casa Consistorial (https://ciagalicia.com/proxectos/casa-consistorial-de-canedo/), pero non chegou a construíse. No seu lugar fíxose unha Praza de Abastos que no seu piso superior albergou durante un tempo as oficinas municipais de Servizos Sociais. Tras unha tempada, pasaron a estar  na  Avenida de Marín, e agora están na rúa Eulogio Gómez Franqueira. A oficina de rexistro municipal, estivo na Avenida de Santiago, para pasar a estar nun local xunto á Biblioteca, e desde o ano 2023 está na actual oficina nun dos baixos do Parque da Ponte. Desde este blog, non se atoparon datos que poidan aclarar onde estaba a Casa Consistorial, pero se algunha das persoas que lean este artigo ten datos, pode poñerse en contacto a través do correo electrónico: apontecanedoourense@gmail.com A foto deste artigo está extraída da páxina: https://ciagalicia.com/proxectos/casa-consistorial-de-canedo

Lugares con historia: Campo da feira

Imagen
O Campo da feira era o lugar onde se ía comprar e vender gando, galiñas, plantas, uvas, ferraxes, ferramentas, pan, verduras, etc. En Ourense e no barrio da Ponte celébrase os días 7 e 17 de cada mes. Hoxe o Campo da feira está arranxado desde o ano 2010 e tamén se celebran diferentes festas populares solicitadas por asociacións. Non ten a significación que tiña hai anos, pero é parte da historia do barrio.