Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

Rúa San Froilán

Imagen
Rúa que nace na Avenida de As Caldas e remata no inicio da rúa San Rosendo. Nesta rúa estivo o bar “San Froilán” pechado no ano 2024 pola xubilación de quen o rexentaba. Tamén houbo unha tenda de doces chamada “Golosos”. E na esquina coa Avenida das Caldas a panadería Sabucedo que antes da construción do novo edificio era “Panybol”. San Froilán era un predicador que naceu en Lugo e que foi Bispo de León. Para saber algo máis: https://dbe.rah.es/biografias/9943/san-froilan

Rúa San Francisco Blanco

Imagen
É a rúa que vai desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira hasta a rúa San Rosendo. San Francisco Blanco foi un misioneiro ourensán que faleceu en Xapón. Para saber algo máis: https://dbe.rah.es/biografias/76097/san-francisco-blanco

Rúa Salustiano Muñoz

Imagen
Rúa que vai desde a rúa Vicente Risco hasta a rúa do Mercado. Non é unha rúa con demasiada vida comercial, pero é un dos accesos ao río Miño.

Rúa Rosalía de Castro

Imagen
Rúa que vai desde a rúa Vicente Risco á rúa do Mercado. Agora ten un ascensor que axuda á accesibilidade e que vai hasta a pasarela que cruza o río Miño cara ao Centro Comercial Ponte Vella. Que dicir de Rosalía de Castro? Escritora galega que levou á súa terra sempre con ela. Para ampliar datos pódese consultar a seguinte páxina: https://www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/autora_biografia/