Lugares con historia: Estación de Ferrocarril
No ano 1881 chegou o ferrocarril a Canedo, a primeira estación estaba na zona do Ribeiriño, xa que as vías achegábanse pola beira do Miño, de feito hai unha rúa que se chama “Travesía da Vía Vella” e o “Camino da Vía Vella” ambos paralelos a actual vía férrea; ademais a chamada “Ponte do Ribeiriño” (que non é a Ponte Novísima) levouse a cabo para vencer o desnivel da zona e que así puidera pasar a vía do ferrocarril. En 1884 inaugúrase a estación na actual rúa Vicente Risco no espazo que hoxe ocupa o IES 12 de Outubro e o CEIP de Prácticas (Estación de Canedo), na Praza que ahi fronte o que era a Escola de Maxisterio, pódese ver un cambio de agullas que fai referencia a este feito. A carboeira estaba onde hoxe está o parque que fai rotonda das rúas Avenida das Caldas, Avenida de Santiago, Vicente Risco e Francisca Herrera Garrido. Unha ponte cruzaba a Avenida das Caldas e levaba a vía pola actual rúa Basilio Álvarez para unirse as vías paralelas á beira do Miño. Aí estivo hasta 19...