Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2026

Lugares con historia: Estación de autobuses

Imagen
No ano 1987 construíuse unha estación de autobuses ao final da rúa Eulogio Gómez Franqueira, pero ao outro lado da estrada nacional, ao lado das vivendas da Praza 200. Mantívose operativa hasta o ano 2023 que se trasladou ao lado da estación de ferrocarril, formando así a chamada Estación Intermodal. A Estación de Autobuses antiga tiña a súa entrada ao pé da pasarela que saía desde o final da rúa Eulogio Gómez Franqueira e na planta superior, ademais dos despachos de venta de billetes e información, había cafetería, quiosco e algunha tenda máis. Na parte inferior estaban as cocheiras e os aseos. Unhas escaleiras e un ascensor permitían moverse entre as dúas plantas. A principios do ano 2021 demoleuse esa estación e pasou a funcionar a que construíron á carón da Estación de Ferrocarril. Para saber algo máis, pódense consultar as seguintes páxinas: https://www.laregion.es/articulo/ourense-no-tempo/ourense-no-tempo/202402100330401271250.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2...

Lugares con historia: Entidades bancarias

Imagen
As entidades bancarias en A Ponte tiveron unha boa época coa chegada do ferrocarril e a aparición dos almacéns que comerciaban no barrio. As Caixas de Aforro e as Caixas Rurais eran as que empregaba o comercio a gandería e a agricultura, tamén os particulares tiñan aí os seus aforros.  Co tempo, os locais onde estaban foron cambiando debido as novas construcións e tamén as fusións: -Caja de Ahorros de Ourense: no seu día estivo na esquina da rúa do Ribeiriño coa Avenida das Caldas (hoxe está a cafetería Gaetano), co tempo pasou a onde agora está Abanca, nome que ten tras as diferentes fusións de Cajas de Ahorro de Ourense, Pontevedra, Vigo e Galicia. No seu camiño chamouse Caixa Nova e tivo oficina na rúa San Rosendo que tamén foi Abanca. -Caixa Galicia estivo na esquina da Avenida das Caldas coa rúa José Antonio Moretón. Agora hai unha tenda de colchóns. -Banco Central: estivo na Avenida das Caldas nas casas que están en ruínas, é ese escaparate con forma de círculo (antes era unh...

Lugares con historia: Confeitería Arva

Imagen
Corría o ano 1932 cando abría a confeitería Arva abría as súas portas e aí segue un dos poucos negocios orixinais do barrio. Os seus pasteis, pastas de té, e sobre todo a Rosca de Reis (as colas do día 5 de xaneiro poden baixar pola Avenida das Caldas) son sinais de identidade desta confeitería que pasou de pai e nai a fillas, e agora toma o relevo María del Mar. Durante moitos anos, Belén, a filla do dono orixinal estivo no obradoiro e as súas irmás no mostrador, agora Belén, segue a ir de cando en vez.

Lugares con historia: Colexio “La Normal”, “La Aneja” ou “Colexio de Prácticas”

Imagen
A principios dos anos 60 do século XX construíase a escola de maxisterio La Normal (nome que se lle daba as estas escolas) seguidamente se fixo o edificio anexo “La Aneja” para as prácticas e tamén o colexio chamado “Colexio de Prácticas”. De aí que se coñeza a este edificio por estes tres nomes. Era un colexio de educación infantil e primaria, nun principio con dúas portas para homes e mulleres, máis tarde foi só colexio feminino, indo o masculino para a actual zona traseira do IES 12 de Outubro. Así foi ata que ao principio dos anos 80 do século XX pasou a ser un colexio mixto.  Tiña un patio “o patio de abaixo” que estaba nun semisoto que aproveitaba o desnivel da rúa onde as nenas xogaban entre columnas. Tiña un ximnasio nunha pequena construción no “Patio de arriba” que era o patio onde tamén xogaban os nenos do colexio masculino e polo que tamén pasaban os rapaces e rapazas que ían ao “Instituto Blanco Amor” a facer BUP e COU. Co tempo foi dotado de ascensor, pero non foi así...

Lugares con historia: Colexio “Goretti”

Imagen
Situado na rúa Vicente Risco, tiña como patio de recreo o Parque da Ponte, nunha época na que toda a rapazada do barrio ía alí a xogar. Nos anos 90 pechouse e agora hai un edificio de vivendas.