Historia xeral de A Ponte
A localidade de A Ponte pertence ao anterior concello de Canedo (1836-1943), que foi un concello rural hasta o século XIX cando as estradas e o ferrocarril marcaron un cambio importante nas súas características. A circulación de mercadorías medrou e realizábase sen ter que pagar taxas polo que a vida comercial foi a máis, sendo este un dos motivos polos que o concello de Ourense buscaba anexionarse, algo que conseguiu no ano 1943.
O barrio de A Ponte, (parroquia de Santiago das Caldas), dada a súa situación lindando co río Miño e sendo a entrada desde Ourense, era onde estaba a capital do concello; pero había outras parroquias (Santa Cruz de Arrabaldo, Santa Baia de Beiro, San Miguel de Canedo, San Pedro de Cudeiro, Santo André de O Castro de Beiro, San Mamede de Palmés, Santo Estevo de Untes e a Purísima de Vilar de Astrés). No barrio de A Ponte estaban, ademais da estación de ferrocarril, a casa consistorial, a sede de Correos e Telégrafos, a Praza de Abastos, entidades bancarias e as sedes dos diferentes corpos de seguridade. De aí que por extensión, a marxe dereita do río Miño da cidade de Ourense, sexa denominada A Ponte, pero non é correcto xa que hai diferentes barrios ou zonas (actualmente máis das enumeradas anteriormente) coas súas características propias e que merecen ser nomeadas correctamente, pero neste blog o protagonista é o barrio de A Ponte.
Parte dos datos deste artigo, pódense consultar na páxina canedo.eu
Comentarios
Publicar un comentario