Avenida das Caldas
É a rúa principal da Ponte, nela desemboca a Ponte Romana e no seu nome pódese ver que está o nome dunha riqueza natural: as caldas, a auga quente. Nesta avenida había negocios que xa desapareceron pero que tiveron moita importancia:
-Panadaría Panybol que agora é Sabucedo.
-Xoiería e óptica Amorós Argiz, hoxe administración de lotaría ao levantar un novo edificio.
-Libraría Trebolle que estaba aproximadamente fronte a Igrexa de Santiago das Caldas.
-Zapatillería Mafer. Este edificio está pendente de que o derruben. Á cabeza desta zapatería estivo Marujita que calzou a toda a rapazada da época que subíase a unha cadeira, que parecía altísima, para probar aqueles números.
-Nos mesmos edificios a espera de ser derrubados, hai un escaparate con forma circular e aí houbo unha adega que posteriormente foi o local do Banco Central.
-A actual saída da Rúa do Rincón non existía e nese lugar había un edificio dunha altura cunha drogaría.
-Fotografía Salas hoxe tenda de telefonía. Rosi, ao fronte da tenda, inmortalizou a un montón de persoas, era onde se acudía para facer as fotos dos carnés e fichas do colexio e do instituto.
-Correos estivo na esquina das Caldas coa actual Ribeira de Canedo. Máis tarde unha cafetería ocuparía ese espazo e agora está “O Piko Loko”.
-Unha oficina de banca ocupaba a esquina de enfronte, onde agora está a cafetería “Gaetano”.
-No actual número 13 ao construír o novo edificio, puxeron unhas galerías comerciais que pecharon e agora hai unha tenda chinesa. Nesas galerías había: cafetería, libraría, floraría, etc.
-Unha moblería no que agora é a Óptica As Caldas.
-Un almacén de patacas onde hoxe está a floraría Os Nardos. Antes esta floraría estaba nas galerías comerciais das Caldas. Ese almacén foi un dos que movían o tecido empresarial das rúas do barrio.
-Onde agora están o centro de manicura "Magical Nails” e a cafetería “Vértice” había un muro cunha abertura que daba ao chamado “Patio da Morena”, e naquel espazo un bar de nome “O Limoeiro" ademais doutros negocios.
-Restaurante “A Adega do Emilio” por onde, ademais da veciñanza do barrio, pasaron bastantes celebridades.
A estes negocios súmanse pequenas tendas de alimentación e sobre todo a Praza de Abastos, lugar onde mercaban as persoas do barrio hasta o seu peche a principio dos anos 2000. O 24 de setembro de 2024 foi inaugurada de novo co nome "Mercado da Ponte", non é unha Praza de Abastos como tal, pero si unha iniciativa que da vida ao barrio.
Comentar tamén que na Avenida das Caldas había unha báscula na rúa, máis ou menos á altura do actual número 27 que funcionaba con moedas de peseta.
En xaneiro de 2024 iniciáronse obras nas para dotar á avenida dunha senda peonil actualizándose tamén as infraestruturas de auga e luz.
Comentarios
Publicar un comentario