Avenida de Marín
Como o seu nome indica, esta rúa que se empezou a urbanizar nos anos 50 do século XX como rúa paralela ao camiño ferroviario, leva a zona da costa: Pontevedra e Marín. Os primeiros edificios son anteriores ao anos 60 do século XX, pero nesa época é cando se iniciou a urbanización.
Pese a iso unha gran tempada estivo sen urbanizar o tramo entre o actual número 19 e o número 33, alí era lugar de xogo para a rapazada da zona hasta mediados dos anos 80.
Tamén nesta avenida está a urbanización Castelao tamén chamada “casas dos maestros” xa que foi construída con tal fin: ser as vivendas dos mestres, xa que na Praza que hai na rúa Vicente Risco estaba a Escola de Maxisterio.
No medio da rúa hai unha ponte que pasa sobre as vías do ferrocarril e permite o paso entre o barrio de A Ponte e o de O Vinteún.
Preto da estación do tren unha leitería servía leite fresco hasta que na década dos anos 1980 pechou ao entrar en vigor unha nova normativa sobre o tratamento do leite para o seu consumo. Hoxe hai alí un restaurante que chámase así “Antiga leitería”.
Comentarios
Publicar un comentario