Avenida de Santiago
Ao igual que outras rúas do barrio, a súa urbanización empezou a partir dos anos 50 do século XX. Como ven di o seu nome, é a ruta que sae da cidade camiño de Santiago de Compostela, é unha das rutas do Camiño da Prata. Nela había almacéns de alimentación, tendas de ultramarinos, segue a tenda do “butano” onde se ían e se seguen a ir a encargar as bombonas. Co paso dos anos empezaron a abrir os primeiros supermercados do barrio. O “Sofal” aberto nos anos 80 do século XX, ocupaba o sitio do actual “Eroski”.
A chegada do ferrocarril dividiu esta rúa en dúas partes pasando a formar parte de dous barrios: A Ponte e o Vinteún.
Comentarios
Publicar un comentario