Rúa Ático Noguerol Iglesias

Bautizada co nome de Ático Noguerol Iglesias, funcionario do Concello de Ourense e historiador da cidade. Esta rúa era a parte máis baixa da rúa Alejandro Pedrosa, pero coa construción da Estación de Tren e a colocación das vías, viuse cortada pasando a ter a actual denominación. Antes de que arranxaran a rúa e construíran os actuais edificios había un bar rexentado por Manola e o seu home que vivían no piso superior dunha casa de pedra de baixo e unha altura. “O bar da Manola” daba vida a esta pequena rúa. Unha vez levantados os edificios novos nesta rúa houbo unha fábrica de camisas e a tenda de roupa da Istoria e disfraces de América Soto. 



Comentarios

Entradas populares