Rúa Basilio Álvarez

Chamada así por Basilio Álvarez Rodríguez, sacerdote, periodista e deputado ourensán.

Cando a estación de ferrocarril estaba na actual rúa Vicente Risco, pasaba por esta rúa a vía do tren, polo menos por parte dela. Así se pode ver na rúa que ten ao seu lado chamada “Rúa das travesas”.

Aínda que hai construcións anteriores, empezouse a urbanizar como se coñece na actualidade ao redor dos anos 90 do século XX. Nela había un ferreiro que aínda exercía entrados os anos 2000. No edificio da esquina desta rúa coa Avenida das Caldas había unha academia que entre outras daba clase de mecanografía.

Para ampliar datos sobre Basilio Álvarez Rodríguez, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/9618/basilio-alvarez-rodriguez



Entradas populares de este blog

Lugares con historia: Cine Yago

Restauración

Parques

Educación e formación

Lugares con historia: Centro de saúde

Ximnasios