Rúa do Rincón / Travesía do Rincón / José Antonio Moretón

Non é posible desligar a historia destas rúas que van desde a Avenida das Caldas á rúa Ribeiriño. O nome de José Antonio Moretón Alonso púxoselle precisamente como recoñecemento polo desenvolvemento da mesma por parte deste empresario e concelleiro ourensán.

A Rúa do Rincón no tiña saída Á Avenida das Caldas, como actualmente; nese lugar había un edificio cunha drogaría. Nesta rúa estaba o Forno do Camilo, onde durmiron ao quente e comeron moitas persoas. Tamén había unha escola, á que acudiron moitos nenos e nenas hasta ben avanzados os anos 80 do século XX.

Hoxe son unhas rúas con vivendas e pouca actividade comercial, pero esta actividade foi máis importante a mediados do século XX.

Parte dos datos deste artigo forman parte da páxina canedo.eu



Comentarios

Entradas populares