Rúa Eulogio Gómez Franqueira

Co nome deste importante empresario ourensán que desenvolveu o que hoxe é COREN,  queda bautizada esta rúa que empeza na Praza da Estación e finaliza na estrada nacional 120. Nela está o Centro de Saúde, o Centro Cívico e a Unidade de Traballo Social do concello. No seu día había garaxes de reparación de coches, dado que era a entrada e saída da cidade, hoxe se poden atopar alí diferentes cafeterías.

Na esquina onde agora está a tenda de Coren, estaba unha cafetería e restaurante chamado “A Guardesa”. Pepe “da Guardesa” foi quen a sacou adiante durante moitos anos, tras a súa morte deixou de ser o local que fora. Non está claro o nome de “A Guardesa”, podería ser porque a muller que a puxo en marcha era do concello de A Guarda en Pontevedra ou porque era guardesa dunha propiedade.

Para ampliar datos sobre Eulogio Gómez Franqueira, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/25982/eulogio-gomez-franqueira



Comentarios

Entradas populares