Rúa Ramón y Cajal
Nesta rúa estaba o cine Yago e unha fábrica de gaseosas. Hoxe segue alí unha das entradas da Panadaría Caramés (antes Arias) que une a rúa Vicente Risco coa Avenida das Caldas.
O seu nome é o dun importante médico e científico que viviu entre os séculos XIX e XX: Santiago Ramón y Cajal, que obtivo un premio Nóbel polo seu estudio do sistema nervioso humano. Os seus estudios sobre neurociencia seguen a ser a base de diferentes adiantos. Tamén foi senador.
Para ampliar datos sobre Santiago Ramón y Cajal, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/10967/santiago-ramon-y-cajal
Comentarios
Publicar un comentario