Rúa Rey Soto
Antonio Rey Soto, sacerdote, novelista e poeta ourensán da nome a esta rúa na que se atopa a cafetaría “Hermida” que hai anos non era tan grande xa que a rotonda coa Avenida de Santiago estaba ocupada polo comercio de roupa “América”. América Soto xestionou durante moitos anos esta tenda na que ademais se cosían disfraces e traxes da Istoria. Unha tenda de alimentación serviu durante moitos anos á veciñanza “A tenda da Carmen e do Benjamín”. A zapatería “Calzados Creciente” propiedade de José Gil e posteriormente a mercería “Merpaza” formaban parte dos negocios dos baixos dos “edificios da RENFE”. As galerías comerciais “Mirador” tiveron mellores épocas con tendas de papelería, telas, pintura, produtos naturais, etc.
Para ampliar datos sobre Antonio Rey Soto, pódese consultar a páxina dbe.rah.es/biografias/4157/antonio-rey-soto
Comentarios
Publicar un comentario