Rúa Ribeira de Canedo

Nesta rúa que une os extremos da Ponte Romana e da Ponte Nova, estivo o primeiro Centro de Saúde que tivo A Ponte (pódense ver fotos no actual Centro de Saúde de A Ponte na rúa Eulogio Gómez Franqueira), posteriormente pasou a ser a Unidade de Saúde Mental, pero antes de iso, alí estaba “O Cuartel” sede das forzas da orde durante moitos anos, de aí que a xente de certa idade nomee a esta rúa como “a rúa do Cuartel”. 

A sociedade “La Troya” ocupa un local nesta rúa, se ben antes estaba na Avenida das Caldas. Diferentes negocios danlle vida como os accesos ao Paseo do Miño, de aí tamén o seu nome: a proximidade ao Miño e o do antigo concello do que formaba parte.



Comentarios

Entradas populares