Rúa San Froilán
Rúa que nace na Avenida de As Caldas e remata no inicio da rúa San Rosendo. Nesta rúa estivo o bar “San Froilán” pechado no ano 2024 pola xubilación de quen o rexentaba. Tamén houbo unha tenda de doces chamada “Golosos”. E na esquina coa Avenida das Caldas a panadería Sabucedo que antes da construción do novo edificio era “Panybol”.
San Froilán era un predicador que naceu en Lugo e que foi Bispo de León. Para saber algo máis: https://dbe.rah.es/biografias/9943/san-froilan
Comentarios
Publicar un comentario