Rúa Vicente Risco

Esta rúa estaba divida en dous tramos cada un co seu nome, o tramo entre a Avenida das Caldas e a rúa Francisca Herrera Garrido chamábase Queipo de Llano e o que continúa hasta a Avenida de Marín levaba o nome de Vicente Risco, agora nome completo da rúa. 

Nesta rúa estivo a estación do tren case 60 anos e na súa praza hai unhas agullas do paso das vías como homenaxe a antiga estación de tren. Ao lado un edificio que é coidado por Patrimonio e alberga o Colexio de Educación Primaria “Anexa”, precisamente por ser anexo no seu día a Escola de Maxisterio que hoxe está no Campus de As Lagoas integrada na Universidade de Vigo. 

Na mesma praza, un busto de Vicente Risco, autor literario e catedrático da Escola Normal (hoxe “Anexa”), da conta do nome da rúa. Para saber máis deste autor e catedrático, pódese consultar: https://dbe.rah.es/biografias/11938/vicente-martinez-risco-y-aguero

Onde hoxe está a cafetaría “Catar”, había unha fonda que ía desde esta rúa á rúa Ramón y Cajal e que foi un negocio importante como hospedaxe e casa de comidas dando servizo sobre todo, ás persoas que viaxaban no ferrocarril. Máis tarde pasou a ser un estanco. Alí diante estivo a parada do autobús e os soportais do edificio facían o papel de marquesiña, hasta que se trasladou uns metros máis arriba. 

Unha mercería chamada “Domgar”, unha ferretaría, unha papelería, unha tenda de roupa “Álvarez” (pechada en 2018), unha tenda de iluminación que levaba a Sarita, unha farmacia (que aí segue e ten a súa historia) e unha zapatería (Calzados Lin que continúa desde 1964), formaban parte dos baixos do parque ao igual que a cafetería Marbella. 

O colexio “Santa María Goretti” ocupaba o que hoxe son vivendas e daba ao parque de A Ponte, que era o patio do colexio.

A panadería que agora se chama “Caramés” antes era “Arias”. Neste tramo tamén estivo a autoescola “Gabelo” onde se formaron moitas persoas do barrio. Unha tenda onde vendían mobiliario, moble auxiliar e electrodomésticos para bebés (quenta biberóns, chupetes, etc.), ocupaba a actual tenda de telefonía “R”. Almacéns “Mazaira” foi un almacén de alimentación moi importante, hoxe derrubadas esas casas, están a construír unha residencia de atención a persoas maiores.    




Comentarios

Entradas populares