Lugares con historia: A Adega do Emilio

A principios dos anos 2000, Emilio Paradela “Milucho”, abría na Avenida das Caldas o restaurante A Adega do Emilio. No local había unhas cortes que rehabilitaron para restaurante con diferentes ambientes: cafetería, un xardín interior e comedores. No ano 2014 pechou as súas portas tras o pasamento de Emilio. 

A Adega do Emilio foi referencia de boa cociña e atención, sendo lugar destacado ao que acudían diferentes personalidades: actores, políticos e no ano 2006 o Príncipe de Asturias.

Emilio ademais tamén puxo en marcha outros dous locais ambos nas esquinas da Ponte Romana.

A Adega forma parte da historia recente do barrio da Ponte.

(A foto que acompaña a este artigo foi extraída de La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/03/09/ponte-extrana-tres-locales-dueno-adega-do-emilio/0003_201403O9C1997.htm).



Entradas populares de este blog

Lugares con historia: Cine Yago

Restauración

Parques

Educación e formación

Lugares con historia: Centro de saúde

Ximnasios