Lugares con historia: A Chavasqueira

As termas de A Chavasqueira levan desde hai anos ao pé do río Miño, sábese que foron acondicionadas durante o pontificado de Cardenal Quevedo e por este motivo tamén coñécense como “Caldas do Obispo”. Máis tarde coa realización do Paseo do Miño, foron actualizadas e dotadas de duchas e vestiarios.

As súas augas termais con temperaturas de preto de 40 grados son empregadas para diferentes coidados dermatolóxicos. Ao estar nas beiras do río permiten bañarse tanto na zona termal, como irse refrescar ao Miño.

O espazo privado das termas de A Chavasqueira abriu no ano 2001 cunha estrutura de madeira con inspiración xaponesa. Preto da cidade, con cafetería e restaurante, foi un lugar de lecer moi agradable, pero no ano 2019 sufriu un incendio que as mantivo pechadas hasta hoxe. No ano 2024 iniciáronse as obras para un novo centro termal que xa se pode desfrutar no 2026. 



Entradas populares de este blog

Lugares con historia: Cine Yago

Restauración

Parques

Educación e formación

Lugares con historia: Centro de saúde

Ximnasios