Lugares con historia: Centro cívico
Estivo nun local na Avenida de Marín, pero agora con mellores instalacións e máis actividade, pódese acudir a el na súa actual localización na rúa Eulogio Gómez Franqueira onde se inaugurou no ano 2011 tras o arranxo do que fora unha vivenda para os traballadores do ferrocarril.
Actualmente desenvólvense alí diferentes actividades de lecer e tamén se pode atopar a Unidade de Intervención Social do concello de Ourense.