Lugares con historia: Confeitería Arva
Corría o ano 1932 cando abría a confeitería Arva abría as súas portas e aí segue un dos poucos negocios orixinais do barrio. Os seus pasteis, pastas de té, e sobre todo a Rosca de Reis (as colas do día 5 de xaneiro poden baixar pola Avenida das Caldas) son sinais de identidade desta confeitería que pasou de pai e nai a fillas, e agora toma o relevo María del Mar. Durante moitos anos, Belén, a filla do dono orixinal estivo no obradoiro e as súas irmás no mostrador, agora Belén, segue a ir de cando en vez.