Lugares con historia: Entidades bancarias
As entidades bancarias en A Ponte tiveron unha boa época coa chegada do ferrocarril e a aparición dos almacéns que comerciaban no barrio. As Caixas de Aforro e as Caixas Rurais eran as que empregaba o comercio a gandería e a agricultura, tamén os particulares tiñan aí os seus aforros.
Co tempo, os locais onde estaban foron cambiando debido as novas construcións e tamén as fusións:
-Caja de Ahorros de Ourense: no seu día estivo na esquina da rúa do Ribeiriño coa Avenida das Caldas (hoxe está a cafetería Gaetano), co tempo pasou a onde agora está Abanca, nome que ten tras as diferentes fusións de Cajas de Ahorro de Ourense, Pontevedra, Vigo e Galicia. No seu camiño chamouse Caixa Nova e tivo oficina na rúa San Rosendo que tamén foi Abanca.
-Caixa Galicia estivo na esquina da Avenida das Caldas coa rúa José Antonio Moretón. Agora hai unha tenda de colchóns.
-Banco Central: estivo na Avenida das Caldas nas casas que están en ruínas, é ese escaparate con forma de círculo (antes era unha bodega propiedade de familiares da familia Rebollo), uns anos despois pasou á beirarrúa de enfronte onde agora está unha tenda de bicicletas eléctricas. Foi absorbido polo Banco de Santander máis tarde.
-Banco Pastor: estivo na Avenida de Santiago onde agora está o Banco Santander Central Hispano despois de que o Banco Pastor pasase a formar parte do BSCH.
-Caja de Ahorros de Madrid: tivo unha sede na esquina de Vicente Risco coa Avenida das Caldas que tiña un cartel que indicaba en varias linguas que se cambiaban pesetas a moedas doutros países. Foi Bankia e agora está alí Vitaldent.
-Banco de Santander: tivo unha oficina no número 8 da Avenida das Caldas.
-La Caixa: agora Caixabank na Avenida das Caldas, integra a Bankia que antes foi Caja Madrid.
-Banco Popular: estivo na Avenida de Santiago, pasou a ser Targo Bank e cando formou parte do Banco Pastor pechou e agora hai alí unha tenda chinesa.
-Caixa Gêral: na esquina da Avenida das Caldas coa rúa Vicente Risco, esta Caixa portuguesa logo formou parte de Abanca.
-Banco Santander Central Hispano: agora xa integrado por diferentes caixas e bancos, está na Avenida de Santiago.
-Abanca: agora integrada por diferentes caixas agora está na Avenida das Caldas. Tivo unha oficina na rúa San Rosendo que agora é un local baleiro. Tamén se chamou Caixa Nova e Novagalicia Banco.
-BBVA: Na esquina da Avenida das Caldas coa rúa Basilio Álvarez onde segue hoxe en día.