Lugares con historia: Estación de autobuses

No ano 1987 construíuse unha estación de autobuses ao final da rúa Eulogio Gómez Franqueira, pero ao outro lado da estrada nacional, ao lado das vivendas da Praza 200. Mantívose operativa hasta o ano 2023 que se trasladou ao lado da estación de ferrocarril, formando así a chamada Estación Intermodal.

A Estación de Autobuses antiga tiña a súa entrada ao pé da pasarela que saía desde o final da rúa Eulogio Gómez Franqueira e na planta superior, ademais dos despachos de venta de billetes e información, había cafetería, quiosco e algunha tenda máis.

Na parte inferior estaban as cocheiras e os aseos. Unhas escaleiras e un ascensor permitían moverse entre as dúas plantas.

A principios do ano 2021 demoleuse esa estación e pasou a funcionar a que construíron á carón da Estación de Ferrocarril.

Para saber algo máis, pódense consultar as seguintes páxinas:

https://www.laregion.es/articulo/ourense-no-tempo/ourense-no-tempo/202402100330401271250.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/04/25/vial-vieja-estacion-pino-convertido-parking-autobuses/0003_202304O25C1991.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2021/01/25/vieja-estacion-autobuses-capital-ourensana-practicamente-demolida/0003_202101O25C3992.htm

A foto deste artigo foi extraída de:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2017/02/07/hacemos-solar-estacion-buses-ourense/0003_201702O7C2991.htm



Entradas populares de este blog

Lugares con historia: Cine Yago

Restauración

Parques

Educación e formación

Lugares con historia: Centro de saúde

Ximnasios