Lugares con historia: Estación de Ferrocarril

No ano 1881 chegou o ferrocarril a Canedo, a primeira estación estaba na zona do Ribeiriño, xa que as vías achegábanse pola beira do Miño, de feito hai unha rúa que se chama “Travesía da Vía Vella” e o “Camino da Vía Vella” ambos paralelos a actual vía férrea; ademais a chamada “Ponte do Ribeiriño” (que non é a Ponte Novísima) levouse a cabo para vencer o desnivel da zona e que así puidera pasar a vía do ferrocarril. En 1884 inaugúrase a estación na actual rúa Vicente Risco no espazo que hoxe ocupa o IES 12 de Outubro e o CEIP de Prácticas (Estación de Canedo), na Praza que ahi fronte o que era a Escola de Maxisterio, pódese ver un cambio de agullas que fai referencia a este feito. 

A carboeira estaba onde hoxe está o parque que fai rotonda das rúas Avenida das Caldas, Avenida de Santiago, Vicente Risco e Francisca Herrera Garrido. Unha ponte cruzaba a Avenida das Caldas e levaba a vía pola actual rúa Basilio Álvarez para unirse as vías paralelas á beira do Miño. Aí estivo hasta 1952 que se inaugurou a actual estación Ourense-Empalme. 

Nas súas orixes na fachada do edificio había un reloxo, e dentro un gran banco de madeira onde as persoas agardaban a chegada do tren. Xa non están. O que se mantén é o teito de madeira e as pinturas.

Os baños estaban fóra da estación, nunha pequena construción feita con dito fin. 

Tiña un quiosco onde se vendía a prensa, tamén chucharías e cromos para os álbums de colección. Tamén un estanco.

Agora os soportais están pechados, pero antes estaban abertos e servían de protección ante a choiva e o sol mentres se agardaba a chegada dos taxis e vehículos que viñan recoller e deixar ás persoas viaxeiras. Tamén había árbores ás que había que agradecer a súa sombra.

Para ampliar datos pódese consultar:

riasbaixastribuna.com

ourensenotempo.blogspot.com/2025/03/llegada-la-estacion-de-canedo.html



Entradas populares de este blog

Lugares con historia: Cine Yago

Restauración

Parques

Educación e formación

Lugares con historia: Centro de saúde

Ximnasios